Jueves, 13 de Febrero de 2025
O Concello de Castrelo organiza unha nova reunión cos veciños en Prado de Miño para seguir abordando cuestións ao redor da concentración parcelaria de viñedo. Tras tres reunións, e debido ao interese mostrado polos veciños a través de firmas para participar no proceso, organízase unha nova para este sábado ás 7 da tarde na Casa da Asociación O Penedo da Forca, á que poderán asistir todas as persoas titulares de viñedos en Prado.
Un técnico municipal asistirá para a recollida de firmas daqueles propietarios interesados en participar neste proceso, ademais de organizar unha visita a Santo André en Ribadavia para que, de primeira man, coñezan unha concentración parcelaria concluída.
Localización
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com