Jueves, 20 de Febrero de 2025
O campionato é organizado pola Federación Española de Remo e pola Federación Galega coa colaboración dos concellos implicados. O sábado 28 terá lugar no Polideportivo Municipal ?O Consello? de Ribadavia o XVI Campionato de España de Remoergómetro a partir das 9 da mañá, desenvolvéndose de modo continuado ata a súa finalización. Con cerca de 500 participantes (tanto no campionato de Ribadavia como no de Castrelo) e 14 remoergómetros os participantes disputaranse as medallas de Ouro, Prata e Bronce en cada categoría (Remo adaptado, veteranos, cadete, xuvenil, sub23, peso lixeiro e absoluto). As distancias variarán dependendo da categoría, comprendendo 1.000, 1.500 e 2.000 metros.
Ao día seguinte, ás 9 da mañá comezará no Parque Náutico de Castrelo de Miño o VII Campionato de España de Fondo Trial de Inverno. A través de tres saídas con intervalos dun minuto as tres categorías (cadete, xuvenil e alevín) os participantes disputaranse as medallas de Ouro, Prata e Bronce nunha distancia de 5.500 metros.
Previamente aos dous campionatos, o venres 27 nas instalacións do Parque Náutico de Castrelo de Miño terá lugar a reunión de delegados. Será no propio Parque Náutico, concretamente no Albergue Municipal de Castrelo, onde parte dos participantes dos campionatos alóxanse ocupando todas as prazas.
As competicións estarán asistidas por unha ambulancia e persoal de primeiros auxilios ante calquera eventualidade. Ademais, para o campionato Trial de Inverno, o Concello de Castrelo de Miño procedeu á desinfección das embarcacións, cumprindo coas indicacións do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
Localización
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com