Ir arriba

Sábado, 22 de Febrero de 2025

Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

Agenda

Escola de familias

  • miércoles, 18 Enero 2017
  • 17:30 h
  • Salón de Actos da Casa do Concello

O Concello de Castrelo de Miño, dentro do Departamento de Servizos Sociais e, en particular, do recente Programa de Educación Familiar, iniciará este mércores día 18 ás 17:30 no Salón de Actos do concello a "Escola de Familias", unha nova iniciativa que persegue crear un espazo formativo e de encontro entre os pais e nais dos mozos e mozas e dos nenos e nenas de Castrelo para achegar posicións ao redor da educación dos menores no ámbito familiar.

Esta nova iniciativa estruturarase en varias xornadas. A primeira delas, este mércores, terá por temática as normas e os límites para establecer cos menores nas súas relacións cotiás. Véxase, por exemplo, como afrontar situacións ante berrinches, esixencias ou enfados; cuestións todas elas comúns en calquera familia e para as que a educadora familiar propoñerá técnicas para a resolución deses conflitos.

A "Escola de Familias" terá en conta a diversidade de idades das e os mozos de Castrelo dirixindo a iniciativa a todas as franxas de idade e adaptándose, especialmente, a aquelas específicas dos pais e nais que acoden ás sesións. Así mesmo, aquelas persoas que desexen asistir a estas xornadas poden anotarse ou obter mais información acudindo ao concello ou chamando ao 988 493 000.

O Programa de Educación Familiar co que conta o Concello de Castrelo desde hai poucas semanas está subvencionado pola Xunta de Galicia a través do Programa Operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020 no seu obxectivo noveno, o de "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación".

Galería de fotos

Localización

Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com