Sábado, 08 de Febrero de 2025
Castrelo de Miño acollerá os luns e mércores desde o próximo 17 de abril ata finais de xuño un taller de memoria e estimulación cognitiva. Realizaranse en dúas quendas, ás 16:30 para as persoas usuarias da Vivenda Comunitaria e ás 18:00 para o resto dos veciños e veciñas de Castrelo que estean interesados. Estes talleres estarán impartidos por un educador social a través de Atelier Social.
Para inscribirse ou para recibir maior información está dispoñible o teléfono de atención ao cidadán do Concello de Castrelo de Miño (988 493 000), así como directamente nas dependencias municipais (Avenida Alejandro Ferrer, 18)
Localización
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com