Noticias de Castrelo
- Jueves, Viernes, 08 de Noviembre de 2024
Realizarase cunha axuda da Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
O concello de Castrelo de Miño obtivo unha subvención do INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA) da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA, por importe de 7.387,50 euros dentro da liña de axudas para proxectos de eficiencia enerxética financiada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Con esta axuda realizarase a instalación dun sistema de calefacción con bomba de calor para o pavillón municipal. Unha mellora que estará finalizada no mes de outubro e que sabemos que será ben aproveitada polos usuarios e usuarias das escolas deportivas xa que foi unha das súas solicitudes do pasado ano.