Noticias de Castrelo
- Viernes, Viernes, 08 de Noviembre de 2024
Esta fin de semana Festa Galega das Estrelas con cea temática astronómica no Parque Náutico de Castrelo de Miño
AstroGalicia conforma un espazo de lecer e divulgación científica ao redor da astronomía. Serve tanto de punto de encontro das asociacións astronómicas galegas como para que os simplemente curiosos pasen uns días moi agradables. Moitas das actividades están abertas a toda a poboación. Outras, as menos, só para os inscritos. Un programa de actividades paralelo aumentará a oferta de actividades e accións.
Programa de actividades
Venres 13 de outubro
20:00-21:00 horas. Chegada ao Náutico de Castrelo. Xestión de inscricións e asignación de espazos para durmir.
21:00 AstroCea: cea temática astronómica.
22:00 horas. Actividade inicial: posible charla ou contacontos astronómicos ou? Posible observación pública en función das condicións meteorolóxicas.
22:30 horas. Inicio das observacións. Actividade aberta.
Sábado 8 de outubro
10:30 horas. Inscricións, para os que non asistiran o día anterior. No vestíbulo ou sala de conferencias. Espazo astronómico.
11:30 horas. Presentación oficial de Astrogalicia con autoridades. Actividade aberta.
12:00 horas. Charla i. Sala principal. Actividade aberta.
13:30 horas. Descanso e espazo astronómico. Actividade aberta
14:30 horas. Xantar oficial. Actividade pechada.
16:30 horas. Obradoiros i. Nas salas habilitadas. Actividade pechada.
18:00 horas. Obradoiros ii. Nas salas habilitadas. Actividade pechada.
19:30 horas. Charla ii. Sala principal. Actividade aberta.
21:00 horas. Cea en grupo. Montaxe telescopios no lugar de observación.
22:00 horas. Inicio de observacións. Actividade aberta.
Domingo 9 de outubro
10:00 horas. Obradoiros iii. Actividade pechada.
12:00 horas. Charla iv. Actividade aberta.
13:30 horas. Peche da actividade. Recollidas de impresións e avaliación de Astrogalicia. Actividade pechada.
14:00 Xantar de despedida.
16:00 Visita a adegas. Actividade pechada.
Descrición
Charlas.
De carácter divulgativo, sen necesidade de nivel previo nin de inscrición. Contamos sempre con variedade de invidatos e temáticas.
Obradoiros de traballo.
Terán diferente nivel, de xeito que tanto os interesados en empezar nisto da astronomía como os que xa leven tempo poidan escoller o seu itinerario. Cun máximo de participantes para aproveitar mellor o tempo, uns 25 en cada un. Cada grupo de traballo terá 3 sesións de unha hora ou hora e media de duración cada unha.
Iniciación á astronomía. Conceptos básicos de astronomía impartidos nun ton moi divulgativo. Terán o seu complemento ideal nas observacións nocturnas, onde moitos dos afeccionados presentes deixarán que mires polo seu telescopio. Dirixida a: principiantes, novatos e curiosos.
RadioAstronomía: require xa certa idea do que é a astronomía, co fin de aproveitar máis este obradoiro técnico. Ademais de explicar os conceptos básicos da radio-astronomía os asistentes poderán construír a súa propia antena receptora e facer as primeiras probas de ?escoitar o Universo en radio?. Dirixida a: afeccionados á astronomía.
Datos de Gaia. Dirixido a afeccionados á astronomía que queiran coñecer de primeira man os primeiros resultados de Gaia, a enorme cantidade de datos que está a xerar e incluso a utilidade destes.
AstroEspazo:
proxección de vídeos: en forma continua, vídeo didácticos e divulgativos do ESO, do Hubble.
exposición da NASA ?Visions of the Universe?.
exposición ?Camiñando polo Universo?.
expo-venta libros astronomía, planisferios, astrocalendario.
Prezo:
Xeral: 25 euros
Socios entidades patrocinadoras: 20 euros
Completa xeral (aloxamento, cea e xantares) 89 euros
Completa socios entidades patrocinadoras: 80 euros
Tamén é posible a asistencia libre ás charlas, cea astronómica (o venres) e a outras actividades de xeito puntual.