Noticias de Castrelo
- Viernes, Viernes, 08 de Noviembre de 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER: Consellería de Política Social, organiza este programa, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nas datas de Nadal.
REQUISITOS:
- Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
- Estar empadroado nalgún concello galego.
- Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
- Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia
ONDE: Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra)
DATAS: entre o día 23 de decembro de 2017 e o día 7 de xaneiro de 2018.
SERVIZOS QUE COMPRENDE:
- Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
- Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
- Desprazamento en autobús desde Ourense ata a residencia de tempo libre.
- Actividades de animación sociocultural.
CUSTO: dende 0 € ata 50 € máximo.
PRAZO: O prazo de presentación será ata o día 17 de novembro incluído
INFORMACIÓN e solicitudes Departamento de Servizos Sociais do Concello de Castrelo de Miño.
Pedir cita no 988.49.30.00.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 27 de outubro de 2017
O alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez