Jueves, 26 de Diciembre de 2024
FAGO SABER que a Xunta de Galicia vai aplicar a partires do 21 de decembro de 2017, coincidindo co inicio das vacacións escolares, o servizo de autobús baixo demanda.
No caso de Castrelo de Miño informamos que NON VAI AFECTAR á seguinte liña de autobús, xa que ten a categoría de liña regular e funciona todo o ano.
Polo tanto, para ir de Castrelo de Miño a Ourense, e voltar, non vai haber ningunha modificación respecto a como está funcionando o servizo a día de hoxe.
Sen embargo, SI QUE VAI AFECTAR durante o período non lectivo (vacacións escolares no instituto de Ribadavia) á seguinte liña de autobús:
Polo tanto, infórmase que para coller o autobús nesta liña, é necesario chamar e reservar a viaxe. As indicacións que envía a Xunta de Galicia son ás seguintes:
Que hai que facer para pedir o servizo?:
Deberá chamar ao teléfono 988 68 78 00
Unha persoa atenderalle de 8 a 20 horas, todos os días laborais. Nunha única chamada poderá reservar varias prazas no autobús ou, mesmo, reservar varias viaxes para os próximos 15 días. A reserva debe facerse antes das 20 horas do día laborable anterior a aquel no que vaia viaxar.
É obrigatorio chamar?:
Si, xa que se ninguén fixo unha reserva para a súa parada o autobús non pasará por ela.
Polo tanto, lembrámoslle que para ir de Castrelo a Ribadavia ás 07:35 horas, e para voltar de Ribadavia a Castrelo ás 14:20 horas é necesario chamar ao teléfono indicado e reservar a viaxe o día anterior antes das 20:00 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 19 de decembro de 2017
O alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com