XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER ante as consultas plantexadas por varios veciños nas oficinas municipais, infórmase que o procedemento a seguir para a renovación dos carnés de aplicador de productos fitosanitarios que estexan caducados, é o seguinte:
1. Cubrir a
plantilla oficial para pagarlle á Xunta de Galicia a taxa de renovación do carné. Nas oficinas do concello facilitaselle copia a quen a precise.
2. Pagar a taxa de 4,51€ nunha entidade bancaria
3. Remitirlle á Consellería de Medio Rural a plantilla e o xustificante do pago. Poden facer este trámite desde o portelo único do rexistro do Concello de Castrelo de Miño.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 15 de febreiro de 2018.
Xurxo Rodríguez Méndez