Noticias de Castrelo
- Jueves, Jueves, 07 de Noviembre de 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que a Xunta de Galicia, convoca prazas para as estadías e tratamento termal do programa BENESTAR EN BALNEARIOS 2018.
Requisitos:
a. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes.
d. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
e. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
f. Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Prazo para solicitar:
Establécense dous prazos de presentación de solicitudes:
- para as quendas dos meses de maio e xuño ata o día 16 de maio
- para as quendas dos meses de xullo a outubro ata o día 31 de maio
Para máis información, envío de solicitudes, consultar destinos e prezos dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Castrelo de Miño. Con cita previa no 988.49.30.00
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 19 de abril 2018.
O Alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez.