Noticias de Castrelo
- Viernes, Jueves, 07 de Noviembre de 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que o IMSERSO regula o procedemento de solicitude do Programa de Turismo Social 2018/2019.
Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
- Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
As e os solicitantes deberán valerse por si mesmas/os e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%.
Ofértanse distintas modalidades:
- Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e Murcia (estancias de 15,10 e 8 días).
- Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears (estancias de 15,10 e 8 días).
- Turismo de Interior (estancias de 7 ata 3 días)
Prazo de Solicitudes:
1º fase: ata o 14 de xuño de 2018.
2º fase: dende o 15 de xuño de 2018 ata o luns 26 de febreiro de 2019.
Para maior información, poden solicitar cita no Departamento de municipal de benestar no teléfono 988.49.30.00
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 23 de maio de 2018.
Xurxo Rodríguez Méndez