Ir arriba

Miércoles, 13 de Noviembre de 2024

Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

Noticias de Castrelo

  • Lunes, Miércoles, 13 de Noviembre de 2024

O Concello de Castrelo de Miño elabora a

Esta acción realizase en colaboración coa Xunta de Galicia a través das Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
O Concello de Castrelo de Miño elabora a
O concello de Castelo de Miño está comprometido co desenvolvemento sostible e busca un equilibrio entre as componñentes ambiental, economica e social en todas as actuacións que desenvolve. Por este motivo pretende emprender unha Estratexia de Sustentabilidde ambiental con especial atención a adaptación ao efectos do cambio climático.

Conta cunha superficie de 39,70 km2 e unha poboación de 1.620 habitantes. Está enclavado na comarca do Ribeiro e ascende dende as ribeiras do río Miño ata o Coto de Novelle.

É un concello agrícola onde se conxugan a viticultura nas ladeiras coas actividades náuticas no río Miño e as suas ribeiras. Son actividades de gran incidencia económica e social e con impacto sobre o medio ambiente.

Nos últimos anos desenvolveronse multitude de proxectos tanto no sector publico como no privado. Dende creación de nova adegas, recuperación e modernización de viñedos ou establecemento de actividades economicas ata mellora de viais, urbanización de núcleos, mellora de accesos aos viñedos, mellora da rede de abastacemento de auga, mellora da eficiencia enerxetica do alumeado público, etc.

Todos estes proxectos xa aplicaron e aplican as seus respectivos requisitos en materia medioambiental pero é necesario avanzar cara unha visión integral que marque uns obxectivos comúns para o conxunto de actuacións.

Neste contexto é onde encaixa a elaboración Estratexia de sustentabilidade ambiental e a Adaptación da xestión e planificación pública ao cambio climático en Castrelo de Miño.

Este Proxecto está financiado a traves da convocatoria da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio asistencia técnica na ´elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas´ ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (D.O.G. Nº 84, martes 3 de maio de 2016)
Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com