Noticias de Castrelo
- Viernes, Jueves, 07 de Noviembre de 2024
Esta proba popular terá lugar o vindeiro domingo 8 de xullo.
Organizado polo clube de atletismo Corredores do Miño e coa colaboración do Concello de Castrelo de Miño.
O parque náutico de Castrelo de Miño consolídase como lugar de celebración de grandes eventos deportivos.
Esta proba constará dun circuito de 1.500 metros a realizar nadando nas augas do encoro, 40 km en bicicleta polas estradas do concello e outros 10 km correndo. É un circuíto moi tecnico e rápido, e estará totalmente pechado ao tráfico.
Con tal motivo o concello de Castrelo de Miño xa repartiu un bando informativo por todo o concello informando do corte de circulación da estrada OU-402 ao seu paso por Castrelo de Miño, entre os lugares de Troncoso e A Ponte, entre as 9,15 e as 12,15 horas do domingo 8 de xullo.
A data de hoxe, xa se superan os 120 participantes, o que se considera un éxito, dada a dureza da proba na súa primeira edición. Motivo polo que o concello de Castrelo de Miño transmite os seus parabéns ao Clube de Corredores do Miño, organizadores deste novo evento deportivo que nace coa intención de celebrarse moitos máis anos en Castrelo de Miño.
Para máis información:
Presidente do Clube Corredores do Miño
661942796 (Jose Manuel)