Jueves, 07 de Noviembre de 2024
Xurxo Rodriguez Méndez, alcalde do concello, manifestou a súa satisfacción por este importante logro conseguido para Castrelo de Miño, e felicitou ao Inorde, á Deputación de Ourense, e ás Federacións de Remo Galega e Española, pola súa implicación na realización e presentación desta candidatura.
"Todas as follas de ruta, como a do desenvolvemento do Parque Náutico, necesitan datas claves. Agora xa temos unha, o ano 2021. Nesta data todas as administracións debemos ter os deberes feitos para que todo estexa a punto" indicou o alcalde.
"Sabemos cales son as inversións necesarias e que é preciso realizar. Imos comezar este ano 2018 con 100.000 euros para mellorar a pista de remo (subvencionada pola Deputación de Ourense). Nos vindeiros anos todas as administracións debemos continuar colaborando para realizar as melloras precisas. O resultado disto será que o Parque Náutico de Galicia terá en 2021 as mellores instalacións da súa historia" manifestou Xurxo Rodríguez.
Na Asamblea Ordinaria da Coupe de la Jeunesse de Remo, celebrada o día 28 de xullo en Cork (Irlanda), os países integrantes da mesma votaron, por unanimidade, que Castrelo de Miño sexa a sede da edición de 2021. A candidatura, presentada pola presidenta da Federación Española de Remo, elaborouse conxuntamente coa Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE).
A Coupe de la Jeunesse é unha competición de remo internacional que se celebra anualmente e coa categoría de Campionato de Europa, entre os atletas máis mozos, masculinos e femininos, con idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos, que aínda non se presentaron na Selección para o Campionato Mundial de Remo Junior por parte das súas Federacións Nacionais.
Este Campionato foi creado en 1985 e nel participan os seguintes países europeos: Austria, Bélxica, República Checa, Dinamarca, Francia, Gran Bretaña, Hungría, Irlanda, Italia, Polonia, Suíza e España. É un evento de equipo que ofrece unha competencia amistosa respectando aos demais dentro dun entorno que permite a todos funcionar a un máximo nivel.
Ten unha duración de dous días, con puntos outorgados ás nación en función da posición global en cada categoría. Como resultado, requírese un equipo global forte para obter a victoria xeral na competición, e o evento só foi gañado por Gran Bretaña (14 vitorias), Italia (11 vitorias), e Francia (8 vitorias). Os eventos disputaranse nas seguintes categorías: homes (8+, 4+, 4- ,2-,4x, 2x, 1x) e mulleres (8+,4-,2-,4x,2x,1x).
Antes da súa incorporación ao programa oficial en 2007, a participación feminina dos oitavos, desenvolveuse como un evento de demostración durante dous anos; hoxe continúa a ser o único aco que se disputa inmediatamente antes da Cerimonia de Apertura.
Cada categoría compite por separado no primeiro e segundo día da regata, o que permite aos diferentes gañadores do evento da Coupe de la Jeunesse participar cada día.
Desde os seus comezos, este Campionato celebrouse en Bélxica en seis ocasións, en Francia en tres ocasión, en Italia cinco veces (será sede tamén no 2019), en Suíza catro veces, en Irlanda en tres ocasións, en Gran Bretaña tamén tres veces, en Holanda dúas veces, e unha vez en Polonia, Portugal, España (Bañolas), Hungría e Austria, sendo esta última sede tamén no ano 2020.
E no ano 2021, celebrarase en Castrelo de Miño.
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com