Noticias de Castrelo
- Viernes, Sábado, 09 de Noviembre de 2024
O encoro de Castrelo de Miño acollerá este sábado día 22 ás 10:30 a II Regata Preparatoria Copa Primavera 2017, organizada pola Federación Galega de Remo e o Club Náutico de Castrelo, co fin de preparar aos remeiros para a Copa Primavera 2017.
Participarán catro categorías en diferentes modalidades e distancias. Alevíns, en 500 metros, e infantís, cadetes e veteranos cada un en 1000 metros.
Antes do comezo dos adestramentos, os delegados dos clubs reuniranse ás 9:30 para a preparación da mesma. A primeira preparatoria tivo lugar tamén en Castrelo de Miño o pasado día 9 de abril.