Ir arriba

Sábado, 09 de Noviembre de 2024

Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

Noticias de Castrelo

  • Miércoles, Sábado, 09 de Noviembre de 2024

Bando 06/2017 - Corta das árbores ao carón das vías públicas

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

Galería de fotos

Bando 06/2017 - Corta das árbores ao carón das vías públicas
FAGO SABER que en base ao cumprimento da Ordenanza Reguladora da Xestión de Biomasa e distancia de plantacións, deberase proceder á corta das árbores indicadas no anexo I da ordenanza (piñeiros, eucaliptos, mimosas...) situados a 2 metros das marxes das pistas municipais (dominio público viario). Trátase de medidas de prevención e defensa contra incendios forestais contempladas na Lei 3/2007 de 9 de abril da Xunta de Galicia.
 
As persoas responsables deberán cortar ditas árbores antes do 30 de xuño de 2017.
 
No caso de non facerse os traballos, o concello verase na obriga de iniciar un expediente administrativo advertindo aos afectados.
 
Por parte do Concello estase a proceder a sinalar as árbores que se vexan afectadas nese marxe de 2 metros das pistas, para que os seus propietarios procedan á corta.
 
 
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
 
Castrelo de Miño, 26 de abril de 2017
 
 
Xurxo Rodríguez Méndez
Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com