Noticias de Castrelo
- Jueves, Viernes, 08 de Noviembre de 2024
Desde o venres 19 ata o domingo 21 de maio, o Ribeiro acollerá a VI Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia. O enoturismo vén gañando terreo e adeptos, e nesta edición a organización deseñou un programa completo con visitas a adegas, viñobús, variadas actividades e a promoción da nosa comarca tamén a través da gastronomía.
Castrelo de Miño conforma tamén esta iniciativa, coa participación do Parque Náutico e de tres adegas, Eduardo Pena, Pousadoiro e Ramón do Casar. Para visitar estas e outras adegas, as persoas asistentes poderán facelo ás 11:30, 13:00 e 17:00 do sábado 20, e ás 12:00 do domingo 21.