A Casa Niño O Paxariños de Castrelo conta con nova web-blogue na que a encargada da mesma, Alba García, comparte as actividades educativas que realiza neste novo servizo en Castrelo. En
https://ospaxarinhos.github.io/ quérese potenciar e comunicar as actividades que os 5 nenos e nenas que acoden diariamente realizan desde un prisma pedagóxico.
A pesar de que non se trata dunha etapa educativa obrigatoria, os beneficios das actividades realizadas inflúen notablemente no comportamento e nas destrezas dos pequenos. Así, por exemplo, a través dunha serpe de cores manteñen unha mellor precisión a través da concentración, ata que o pequeno domina os seus movementos coa coordinación. A concentración segue sendo un elemento importante tamén con outra das actividades, a de pescar obxectos que flotan cunha culler perforada.
Nos catro meses que leva aberta, en Os Paxariños tamén traballaron o outono ou as festas populares como o entroido. A través de diferentes elementos que evocan o outono, os pequenos puideron descubrir novas texturas, mostrar curiosidade e creatividade á vez que aprenden a respectar a natureza.
A Casa Niño de Castrelo de Miño atópase aberta de luns a venres na planta alta da antiga escola de Prado-Vide, de 8 da mañá a 4 da tarde. Para máis información: 671 467 937 ou
ospaxarinhos@gmail.com