Ir arriba

Viernes, 08 de Noviembre de 2024

Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

Noticias de Castrelo

  • Miércoles, Viernes, 08 de Noviembre de 2024

Bando 19/2017: Axudas a particulares para adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
Bando 19/2017: Axudas a particulares para adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño.
FAGO SABER que no Boletín Oficial da Provincia (DOG do 27.09.2017) anunciase a convocatoria de axudas Convocar axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño.
O prazo de presentación de instancias remata o 17.11.2017
REQUISITOS:
- Adquirir un ou varios bens obxecto de subvención nalgún dos establecementos de venda adheridos. Compra que deberá acadar un custo mínimo de 1.000 € (sen incluír IVE).
- A subvención máxima que se percibirá por persoa física será de 1.000 € nunha ou varias operacións.
-  Os bens adquiridos deberán ser destinados, nun prazo de tres meses desde a solicitude, á reforma ou nova instalación de mobiliario no enderezo indicado na solicitude de axuda. Este domicilio non poderá figurar en ningún expediente doutro solicitante de axuda ao abeiro deste programa e non se adicará nin se adscribirá a ningunha actividade empresarial ou profesional.
- Quedan expresamente excluídos: a man de obra da reforma; os electrodomésticos; as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.
O que se fai público para xeral coñecemento.

Castrelo de Miño, 27 de setembro de 2017
O Alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez
 
Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com