Noticias de Castrelo
- Viernes, Miércoles, 13 de Noviembre de 2024
O encoro de Castrelo acolle este domingo 19 ás 10:30 a III Preparatoria do Open Primavera 2017 e a Regata Promoción, organizadas pola Federación Galega de Remo e polo Clube Náutico de Castrelo, co fin de controlar os tempos e a preparación dos remeiros con vistas a futuras competicións.
O Preparatoria Trial terá distancias de 1.500 e de 2.000 metros nas modalidades de cadete, xuvenil e absoluta, respectivamente. A Regata Promoción, pola súa banda, distribuirase en dúas modalidades, alevín e infantil, a percorrer distancias de 500 e 1.000 metros.
Ese mesmo domingo, ás 9:30 celebrarase no Parque Náutico a reunión de delegados. Espérase a asistencia dunha ducia de clubs e de ao redor de 25 remeiros para este adestramento controlado.
Esta terceira preparatoria do Open de Primavera 2017 segue á segunda que tamén se celebrou en Castrelo de Miño o pasado fin de semana.