Mércores, 12 de Febreiro do 2025
A Casa do Concello albergará unha reunión informativa para todos aqueles interesados en recibir axudas e subvencións do programa europeo Leader 2014-2020 dentro do Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-Ribeiro, ao que Castrelo de Miño está adherido. Por este motivo, están a realizarse reunións informativas para atraer a todo aquel que estea interesado en solicitar este tipo de axudas para a creación de empresas ou a mellora das xa existentes.
A primeira revisión dos proxectos que se presenten realizarase o 31 de marzo. Todo aquel que busque solicitala, xa sexa unha comunidade de montes, un particular, un autónomo, unha PEME ou unha asociación, poderá interesarse a través do 988 488 451 ou por correo electrónico en info.gdr12@gmail.com. Ademais, tamén poderá recibir asistencia presencial nas oficinas que a Asociación Carballiño-Ribeiro ten abertas ao público no Centro Cívico de Leiro de luns a venres de 9 da mañá a 2 da tarde.
Localización
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com