Ir arriba

Domingo, 23 de Febreiro do 2025

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Axenda

Cabalgata de Reis 2017

  • venres, 06 Xaneiro do 2017
  • 17:00 h
  • CEIP de Castrelo de Miño

Cargados de ilusión, de maxia e de agasallos para os pequenos de Castrelo, os reis farán parada no noso pobo coas súas carrozas e acompañados do seu cortexo de paxes, de bo ambiente e de música.

As súas maxestades partirán da ponte en Santa María, pasando por Barral e Prado, ata o colexio en Astariz, onde se atoparán a todos os nenos que esperarán por un agasallo. Ademais, tamén serán merecedores dos tradicionais caramelos, chocolate e rosca de reis para completar a noite máis máxica do ano. Por outra banda, unha delegación de paxes percorrerá as rúas de Macendo para repartir caramelos entre os pequenos que por alí atópense.

O cartel deste ano incorpora un debuxo dun alumno do CEIP de Castrelo de Miño, Esteban González Alonso, de 8 anos, gañador do primeiro premio do concurso do Colexio de Economistas de Ourense de felicitacións de nadal.

Galería de fotos

Localización

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com