Ir arriba

Venres, 17 de Xaneiro do 2025

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Axenda

Bando 15/2017: Prealerta por sequía - Consumo responsable de auga

  • venres, 07 Xullo do 2017

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, alcalde do concello de Castrelo de Miño (Ourense)

FAGO SABER que a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil declarou a Prealerta por sequía na demarcación do Miño Sil, debido á escasez de chuvias rexistradas na conca hidrográfica nestes últimos meses, o que provocou que os caudales circulantes sexan moi inferiores aos normais nesta época do ano.
Polo tanto, nunha situación excepcional coma esta, solicítase a colaboración de todos os veciños no consumo responsable da auga, recordándolle a todos que:
- A auga do abastecemento non se pode usar para regar nin para outros fins que non sexa o consumo humano.
- Débense adoptar medidas de aforro de suministro en usos e destinos non prioritarios.
- Para evitar ter que aplicar medidas como a reducción da presión na rede, ou realizar restriccións temporais de auga, prégase un consumo responsable da auga que beneficiará a todos os veciños  e veciñas.

Naqueles casos en que se aprecie que se fai un uso indebido ou desproporcionado do consumo e utilización da auga, procederase á adopción das medidas correctoras pertinentes.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento
Castrelo de Miño, 5 de xullo de 2017
Xurxo Rodríguez Méndez 
 

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com