Mércores, 19 de Febreiro do 2025
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE)
FAGO SABER que a pasado 31 de xaneiro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 21 o Plan Renove de fiestras.
Qué se subvenciona: rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética das vivendas e os conseguintes aforros en termos económicos.
Custe subvencionable: 100€/m2 de oco, cun máximo de 3.000€ por vivenda.
Máximo porcentaxe subvencionable: 25%.
Data solicitude: dende o 1 de marzo ao 29 de setembro de 2017.
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través das entidades colaboradoras adheridas, que poden consultarse na páxina web da DXEM (www.xunta.gal).
Información adicional:
http://economiaeindustria.xunta.egal
981 54 55 73 ou 881 99 93 20 ou 981 54 54 74
ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.gal
Para maior información sobre esta subvención, pode dirixirse ao servizo municipal de urbanismo os luns e venres en horario de 10 a 14 e os mércores de 15 a 19 ou a través do correo electrónico urbanismo@castrelo.org .
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 8 de febreiro de 2017.
Xurxo Rodríguez Méndez
Descargas
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com