Ir arriba

Xoves, 21 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

INSTALACIÓNS / Ocio

Mirador de Coto Novelle

Información

O Coto de Novelle é o punto máis alto da ribeira oriental do río Miño; forma parte dunha pequena serra que separa os municipios de Arnoia e Castrelo de Miño. Posúe un miradoiro situado a 712 metros de altitude cunha vista espectacular, onde se divisa gran parte da comarca do Ribeiro. Ao fondo podemos distinguir a vila do Carballiño, Pena Corneira e a serra do Suído.
Unha alternativa para acurtar o descenso, pero só recomendada para persoas áxiles e en boa condición física, é baixar seguindo a liña do cortalumes que nos permitirá retomar o percorrido nas proximidades do núcleo de Reigoso. Sexa cal sexa o sentido do roteiro iniciamos o camiño de descenso que nos leva de volta ata o nivel do río Miño. A parte máis dura e de subida pronunciada foi superada de modo que podemos contemplar con máis calma os diferentes pisos de vexetación e os contrastes entre o monte e a parte cultivada preferentemente de viñedo a medida que descendemos.
 

Galería de fotos

Localización

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com