Ir arriba

Mércores, 13 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Mércores, Mércores, 13 de Novembro do 2024

Bando 01/2017: Plan Renove de Fiestras

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE). FAGO SABER que a pasado 31 de xaneiro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 21 o Plan Renove de fiestras.
Bando 01/2017: Plan Renove de Fiestras
Qué se subvenciona: rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética das vivendas e os conseguintes aforros en termos económicos.

Custe subvencionable: 100€/m2 de oco, cun máximo de 3.000€ por vivenda.
Máximo porcentaxe subvencionable: 25%.
Data solicitude: dende o 1 de marzo ao 29 de setembro de 2017.
 
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través das entidades colaboradoras adheridas, que poden consultarse na páxina web da DXEM (www.xunta.gal).
 
Información adicional:
http://economiaeindustria.xunta.egal
981 54 55 73 ou 881 99 93 20 ou 981 54 54 74
ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.gal
 
Para maior información sobre esta subvención, pode dirixirse ao servizo municipal de urbanismo os luns e venres en horario de 10 a 14 e os mércores de 15 a 19 ou a través do correo electrónico urbanismo@castrelo.org .
 
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 8 de febreiro de 2017.
 
 
 
Xurxo Rodríguez Méndez

Descargas

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com