Novas de Castrelo
- Martes, Venres, 08 de Novembro do 2024
Domingo 26 de novembro no Parque Náutico de Galicia.
O último domingo de mes Castrelo de Miño celebra a súa tradicional feira. Na deste mes de novembro haberá un espectáculo musical sobre a cultura caboverdiana ´Batuko Tabanka´.
Os que asistan seguirán podendo gozar de lecer, gastronomía e mercado, onde se poderán atopar produtos naturais, maquinaria, utensilios, artesanía ou plantas, entre outros. Todo iso o domingo 26 na localización tradicional da feira, detrás do Parque Náutico de Castrelo.