Ir arriba

Xoves, 07 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Xoves, Xoves, 07 de Novembro do 2024

Bando 24/2017: Termalismo social IMSERSO

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
Bando 24/2017: Termalismo social IMSERSO
FAGO SABER que o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), convoca prazas para Termalismo Social.

Requisitos:
-    Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente da Seguridade Social.
-    Ser pensionista de viuvedade de 55 ou máis anos da Seguridade Social.
-    Ser perceptor de subsidio ou prestación de desemprego con 60 ou máis anos.
-    Ser beneficiario ou asegurado da seguridade social con 65 ou máis anos.
-    Valerse por si mesmos e non padecer alteracións do comportamento, ou enfermidades transmisibles con risco de contaxio.
-    Necesitar os tratamentos termais solicitados.

Prazo para solicitar:

Establécense dous prazos de presentación de solicitudes:
1º. Para os turnos dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 4 de xaneiro de 2018.
2º. Para os turnos dos meses de setembro a decembro: ata o día 11 de maio de 2018.

Para máis información, envío de solicitudes, consultar destinos e prezos dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Castrelo de Miño. Con cita previa no 988.49.30.00


O que se fai público para xeral coñecemento.

Castrelo de Miño, 21 de decembro de 2017.

O Alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez.
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com