Novas de Castrelo
- Xoves, Xoves, 26 de Decembro do 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), convoca prazas para Termalismo Social.
Requisitos:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente da Seguridade Social.
- Ser pensionista de viuvedade de 55 ou máis anos da Seguridade Social.
- Ser perceptor de subsidio ou prestación de desemprego con 60 ou máis anos.
- Ser beneficiario ou asegurado da seguridade social con 65 ou máis anos.
- Valerse por si mesmos e non padecer alteracións do comportamento, ou enfermidades transmisibles con risco de contaxio.
- Necesitar os tratamentos termais solicitados.
Prazo para solicitar:
Establécense dous prazos de presentación de solicitudes:
1º. Para os turnos dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 4 de xaneiro de 2018.
2º. Para os turnos dos meses de setembro a decembro: ata o día 11 de maio de 2018.
Para máis información, envío de solicitudes, consultar destinos e prezos dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Castrelo de Miño. Con cita previa no 988.49.30.00
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 21 de decembro de 2017.
O Alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez.