XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que a pasado 4 de xaneiro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 3 a AXUDA URXENTE DE TIPO SOCIAL (AUXS) PARA EVITAR CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA E DE GAS.
Qué se subvenciona: as facturas de electricidade (IVE incluido) correspondentes á vivenda habitual do solicitante, que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e transcorrera a data límite de pagamento.
REQUISITOS:
Ser titular do contrato de subministración eléctrica.
- Familias con ingresos inferiores a 6.390,13 €/ano
Ter unha factura de electricidade ou gas natural pendente de pagamento.
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica.
Información adicional:
http://economiaeindustria.xunta.es
988 38 67 10
cei.dxiem.axudasenerxia@xunta.es
Para maior información sobre esta subvención, poden solicitar cita no Departamento de municipal de benestar no teléfono 988.49.30.00
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 17 de marzo de 2017.
Xurxo Rodríguez Méndez