Ir arriba

Xoves, 07 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Martes, Xoves, 07 de Novembro do 2024

Bando 2/2018: Proxecto EMPREGOU de formación e inserción laboral para menores de 30 anos

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
Bando 2/2018: Proxecto EMPREGOU de formación e inserción laboral para menores de 30 anos
FAGO SABER dende a Área de Benestar da Diputación de Ourense estase a desenvolver un proxecto de formación e inserción laboral, dirixido a persoas en situación de desemprego, o Proxecto EmpregOU, cofinanciado polo fondo Social Europeo por axudas previstas no Programa Operativo de Emprego Xuvenil, o obxectivo global do Proxecto é invertir en formación para a mellora da empregabilidade das persoas en situación de desemprego menores de 30 anos, a través do desenvolvemento de itinerarios formativos de cualificación en diferentes sectores profesionais, infórmase que o procedemento a seguir para poder participar neste proxecto é o seguinte:

1. Estar inscritos no INEM, e no Ficheiro de Garantía Xuvenil, e ter menos de 30 anos.
2. A formación consta dunha parte teórica e outra practica.
3. A duración é de seis meses.
4. Horario preferiblemente de maña.
5. Terán dereito a cobrar unha bolsa de formación de 381 €/mes.
6. A entrevista de selección dos beneficiarios terá lugar no Centro cívico de Leiro o vindeiro día 3 de abril a partires das 9:30 h.
7. A data limite para apuntarse no concello é o luns día 2 de abril antes das 13:00 horas.

O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 26 de marzo de 2018.
Xurxo Rodríguez Méndez 
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com