Ir arriba

Xoves, 07 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Martes, Xoves, 07 de Novembro do 2024

Bando 5/2018: Lei de prevención de incendios: Corta das árbores ao carón das vías públicas

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

Galería de fotos

Bando 5/2018: Lei de prevención de incendios: Corta das árbores ao carón das vías públicas
FAGO SABER que en base ao cumprimento da Lei 2/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, e as modificacións aprobadas o 28 de decembro de 2017 polo Goberno da Xunta de Galicia, as faixas de protección que os propietarios deben manter rozadas e libre de árbores nas distintas vias públicas é a seguinte:
PIÑEIROS, EUCALIPTOS OU ACACIAS:
- 4 metros desde o límite do dominio público
ESPECIES FRONDOSAS CADUCIFOLIAS:
(castiñeiro, sobreira, carballo, nogueira...)
- 2 metros desde o límite do dominio público 
-    Os propietarios ou responsables deberán cortar ditas árbores antes do 31 de maio de 2018.
-    No caso de incumprimento remitirase ao propietario unha notificación cun requerimento onde se lle dá un prazo para executala, podendo realizarse unha execución subsidiaria imputándolle os gastos ao interesado e expoñéndose ás sancións por infraccións leves, graves ou moi graves que contempla a Lei.

O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Castrelo de Miño, 24 de abril de 2018


Xurxo Rodríguez Méndez
Achégase máis información no cartel da Xunta de Galicia que acompaña este BANDO.
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com