XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que en base ao cumprimento da Lei 2/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, e as modificacións aprobadas o 28 de decembro de 2017 polo Goberno da
Xunta de Galicia, as faixas de protección que os propietarios deben manter rozadas e libre de árbores arredor das vivendas é a seguinte:
BIOMASA VEXETAL:
- 50 metros
PIÑEIROS, EUCALIPTOS OU ACACIAS:
- 50 metros
ESPECIES FRONDOSAS CADUCIFOLIAS:
(castiñeiro, sobreira, carballo, nogueira...)
- 15 metros
- Os propietarios ou responsables deberán cortar ditas árbores e rozar a biomasa vexetal antes do 31 de maio de 2018.
- No caso de incumprimento remitirase ao propietario unha notificación cun requerimento onde se lle dá un prazo para executala, podendo realizarse unha execución subsidiaria imputándolle os gastos e expoñéndose ás sancións por infraccións leves, graves ou moi graves.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Castrelo de Miño, 24 de abril de 2018
Xurxo Rodríguez Méndez
Achégase máis información no cartel da Xunta de Galicia que acompaña este BANDO.