Novas de Castrelo
- Luns, Xoves, 07 de Novembro do 2024
Agrupación dos concellos de Ribadavia, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño.
O servizo de Orientación Laboral da agrupación dos concellos de Ribadavia, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño traballa co obxectivo de mellorar e promover a inserción laboral dos demandantes de emprego.
Entre os seus obxectivos destacan:
- Informar sobre o mercado de traballo e as medidas e servizos ofrecidos polos Servizos Públicos de Emprego: Informar sobre o mercado de traballo e as ofertas de emprego existentes, as políticas activas e pasivas dos Servizos Públicos de Emprego.
- Realizar un diagnóstico individualizado ou perfil dos demandantes de emprego que inclúa toda a información posible sobre as características persoais relevantes que permita medir o grao de empregabilidade.
- Deseñar, realizar e facer seguimento dos itinerarios individuais e personalizados de emprego que inclúan unha proposta de derivación a accións para a mellora da empregabilidade (desenvolvemento de aspectos persoais, busca activa de emprego, traxectoria formativa individual, programas de formación e emprego e outros).
- Informar e xestionar ofertas de emprego axeitadas para cada usuario potenciando a captación e a cobertura de ofertas a través dun sistema de intermediación transparente e eficaz.
- As variables fundamentais sobre as que temos que actuar son a dispoñibilidade, ocupabilidade e a empregabilidade das persoas demandantes de emprego.
Para facer calqueira consulta relacionada ao Servizo de orientacion laboral, preguntar por Merce ou Inés no teléfono 988 477 100.