Ir arriba

Mércores, 13 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Martes, Mércores, 13 de Novembro do 2024

Xornada de portas abertas na Casa Niño de Castrelo

Galería de fotos

Xornada de portas abertas na Casa Niño de Castrelo
A Casa Niño de Castrelo de Miño mantén aberto o período de matriculación para o curso 2017/2018. Polo momento, a responsable do servizo, Alba García, e co fin de atraer a máis nenos e nenas, organiza durante os venres deste mes unha xornada de portas abertas para dar a coñecer aos pais e nais as instalacións, o sistema de Casas Niño e a metodoloxía de traballo.

En horario de 8 da mañá a 4 da tarde, calquera interesado pódese poñer en contacto a través do 671467937 ou na conta de correo electrónico ospaxarinhos@gmail.com.

Os Paxariños caracterízase por ofrecer o servizo de atención á infancia nun grupo reducido de non máis de 5 nenos de 3 meses a 3 anos co obxectivo de atender ás necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso, de acordo coa idade, para contribuír ao desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e sociais dos nenos, sempre en colaboración coas familias.

A Casa Niño atópase na planta alta da antiga escola de Prado-Vide.
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com