Ir arriba

Xoves, 07 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Luns, Xoves, 07 de Novembro do 2024

Castrelo de Miño invita á participación cidadá a través dunha enquisa dixital para completar a fase de diagnóstico do seu plan de conciliación

O Concello de Castrelo de Miño está a realizar coa financiación do Fondo Social Europeo, a través do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e a Federación Española de Municipios e Provincias o diagnóstico para a redacción dun plan municipal de conciliación e corresponsabilidade co obxectivo de promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes; fomentar a corresponsabilidade nos ámbitos público e privado; e incrementar o coñecemento dos recursos que actualmente están dispoñibles a nivel municipal.
Castrelo de Miño invita á participación cidadá a través dunha enquisa dixital para completar a fase de diagnóstico do seu plan de conciliación

Desta volta o Concello solicita á participación da cidadanía, respondendo a unha pequena enquisa dispoñible dende a web municipal, para completar así a información recollida e poder así axustar as actuacións previstas aos intereses da veciñanza.

 

O alcalde Xurxo Rodriguez salientou o feito de que Castrelo de Miño sexa un dos poucos concellos seleccionados en toda España nesta convocatoria, dezasete en total, o que sen dúbida da conta do compromiso desta institución coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e suporá un novo impulso a posta en marcha de actuacións en materia de conciliación e promoción da corresponsabilidade.

Participa na enquisa premendo na seguinte ligazón: ENQUISA

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com