Novas de Castrelo
- Venres, Mércores, 06 de Novembro do 2024
Castrelo de Miño, un exemplo en medidas de conciliación e corresponsabilidade
Castrelo de Miño, un exemplo en medidas de conciliación e corresponsabilidade
Lola Palacios, da Área de Dereitos Sociais e Cidadanía da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) chegou desde Madrid no día de hoxe, para visitar o concello de Castrelo de Miño.
Esta visita encádrase dentro da elaboración dun plan de conciliación e corresponsabilidade, proceso no que nestes intres está inmerso o Concello, e polo que recibiu unha subvención de 8.000 euros da FEMP e do Ministerio de Presidencia do Goberno de España.
A visita prolongouse durante toda a mañá do día 25 de outubro de 2018 e incluiu unha recepción na casa do concello por parte do alcalde Xurxo Rodriguez Méndez, que acompañado do seu equipo de goberno lle presentou o traballo realizado neste campo ata a data en Castrelo de Miño.
Posteriormente realizaron un percorrido polo concello que incluía a visita a distintos recursos municipais cos que conta Castrelo de Miño e que potencian a conciliación e a corresponsabilidade: Casa Niño para atención a menores de 0 a 3 anos, CEIP de Castrelo para atención de 3 a 12 anos e Vivenda comunitaria para maiores de 65 anos
Tamén se reunión cos traballadores da unidade de traballo social do concello e interesouse pola iniciativa de transporte municipal baixo demanda, que presta o concello aos seus veciños e veciñas dentro do seu término municipal. Valorouse na reunión a importancia deste servizo, e o que supuxo especialmente para aquelas mulleres maiores que non dispoñían de medio de transporte ou carnet de conducir e que grazas ao "buscastrelo" gañaron liberdade e independencia tanto para facer xestións en horario de mañá (centro de saúde, farmacia, oficinas, tendas...) como de tarde (actividades culturais e deportivas).
A elaboracion deste novo plan constata a firme aposta do equipo de goberno municipal polas políticas de benestar. Compre lembrar que Castrelo de Miño é un concello que forma parte da rede de cidades amigas da infancia de UNICEF, da rede de cidades amigables coas persoas maiores da Organización Mundial da Saúde, e da rede de cidades saudables do Ministerio de Sanidade.
Esta nova iniciativa, a do plan municipal de conciliación e corresponsabilidade non fai máis que reafirmar este compromiso permanente co benestar en Castrelo de Miño.