Novas de Castrelo
- Luns, Xoves, 07 de Novembro do 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO. (OURENSE)
FAGO SABER que Os tipos de Bono Social existentes dependentes da Xunta de Galicia e do Goberno central, para axudar ós cidadáns a sufragar os gastos de consumo de enerxía eléctrica:
BONO SOCIAL ELÉCTRICO DA XUNTA DE GALICIA:
Concesión de contía económica anual de entre 250 e 400 euros.
Requisitos: Residente en Galicia, ser titular do contrato de electricidade, ter a categoría de consumidor vulnerable severo ou consumidor en risco de exclusión social (ter un desconto no bono social do 40%).
BONO SOCIAL ELÉCTRICO (Goberno Central):
Tramítase directamente coas comercializadoras de referencia (Iberdrola, Gas Natural-Fenosa, Endesa, ...).
Requisitos: ser consumidor vulnerable (desconto do 25%), ser consumidor vulnerable severo (desconto do 40%) ou consumidor en risco de exclusión social (desconto do 40%).
BONO SOCIAL TÉRMICO:
Medida do goberno central para paliar a pobreza enerxética, destinada unicamente a aquelas persoas titulares de contratos con bono social eléctrico concedido. Consiste nunha axuda económica de pago único anual determinada pola zona climática e o grao de vulnerabilidade do consumidor (mínimo anual a percibir 25€). Tramítase directamente entre a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas e a comercializadora de referencia.
Soliciten máis información no departamento de servizos sociais do Concello de Castrelo de Miño, cita previa 988.49.30.00
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 17 de outubro de 2018.
O Alcalde
Xurxo Rodríguez Méndez