XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
APERTURA DE NOVO SERVIZO EN CASTRELO DE MIÑO:
CASAS DO MAIOR (Vide e Paradela)
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO
FAGO SABER que tras a convocatoria realizada pola Consellería de Política Social para a creación dun novo servizo, ampliando así a oferta de Servizos Sociais da Xunta de Galicia dentro do sistema de dependencia, o Concello de Castrelo de Miño puxo a disposición dúas instalacións públicas acondicionadas para que as casas do maior estiveran en funcionamento no noso concello, unha en Vide e outra en Paradela.
Características dos servizos que prestan:
- Atención a persoas maiores de ata 8 horas ó día de luns a venres.
- Actividades de lecer, didácticas e terapéuticas.
- Servizo de comida, almorzo e/ou merenda según proceda.
- Atención individualizada, máximo de usuarios por cada casa do maior é de 5 persoas.
- Control da medicación durante o tempo que dure a estancia.
- Custo: GRATUITO, a excepción da manutención que serían 5€/día.
Requisitos:
- Ser maior de 60 anos.
- Estar valorada/o de dependencia cun Grao I ou Grao II.
Para máis información, inscricións e envío de solicitudes poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Castrelo de Miño, solicitando cita previa no teléfono 988.49.30.00
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 10 de xuño de 2019.
O Alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez.