Novas de Castrelo
- Martes, Martes, 05 de Novembro do 2024
ESTEBAN SUÁREZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
HORARIO DE APERTURA DAS PISCINAS
MUNICIPAIS DURANTE O PERIODO
ESTIVAL 9/2019
ESTEBAN SUÁREZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que con data 9 de xullo de 2019 procederase á apertura das piscinas municipais, que permanecerán abertas en período estival, no seguinte horario:
De 11:30 H a 20:30 H
Corresponderá aboar pola prestación do servizo regulado as seguintes tarifas:
1. Entradas:
1.1. Adultos: 2 euros.
1.2. Nenos ata 14 anos, pensionistas e maiores de 65 anos: 1 €.
1.3. Nenos de 0 a 3 anos: 0 €.
2. Abonos de tempada:
2.1 Individuais
2.1.1.Adultos: 100€
2.2.2 Maiores de 65 anos e os menores de 14 anos: 50€
2.2 Familiares
2.2.1. Matrimonio sen fillos : 140 €
2.2.2.Matrimonio cun fillo: 130 €
2.2.3.Matrimonio con dous fillos: 120 €
2.2.3. Matrimonio con tres ou mais fillos : 110 €
As tarifas para os beneficiarios do servizo terán unha bonificación do 90% para beneficiarios empadroados no Concello.
A aplicación da tarifa bonificada efectuarase a instancia dos interesados, coa entrega dos certificados e documentos xustificativos correspondentes.
No caso dos abonos, cando se expidan polo menos con quince dias naturais con posterioridade a data de apertura oficial da tempada correspondente, ratearase a cota polos días naturais que resten para finalizadala tempada.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 8 de xullo de 2019
O alcalde
Esteban Suárez Méndez