Novas de Castrelo
- Venres, Martes, 05 de Novembro do 2024
ESTEBAN SUÁREZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE)
INSPECCIÓN TÉCNICA DE
VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
13/2019
ESTEBAN SUÁREZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que a empresa Supervisión y Control, S.A., encargada da inspección técnica de vehículos, estará neste concello os días 13 e 14 de novembro co fin de pasar as inspeccións periódicas ós vehículos agrícolas no lugar e co horario que a continuación se indican:
DÍAS:
- 13 de novembro de 2019 (Mañá e tarde)
- 14 de novembro de 2019 (Só en horario de mañá)
HORARIO: mañá: de 09:00 a 13:30 horas
tarde: de 15:15 a 18:00 horas.
LUGAR: Aparcadoiro do Parque Náutico de Castrelo
Asígnarase día e hora de atención ó público chamando ó teléfono 902 30 90 00, ou ben a través da páxina web: www.sycitv.com.
Cómpre indicar que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 15 de outubro de 2019
O alcalde
Esteban Suárez Méndez