Novas de Castrelo
- Mércores, Martes, 05 de Novembro do 2024
Realizarase cunha axuda da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder)
O Concello instalará un sistema de calefacción de caldeira de pellets no Centro Médico de Paradela.
Realizarase cunha axuda da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
O concello de Castrelo de Miño obtivo unha subvención do INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA) da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA, por importe de 7.986,00 euros dentro da liña de axudas para proxectos de eficiencia enerxética financiada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Con esta axuda realizarase a instalación dun sistema de calefacción con caldeira de pellets para o Centro Médico de Paradela. Unha mellora que estará rematada no mes de novembro e que sabemos que será ben aproveitada polos usuarios e usuarias do Centro Médico de Paradela.