Novas de Castrelo
- Venres, Sábado, 09 de Novembro do 2024
Desde o pasado mes de abril, os luns e mércores Castrelo de Miño celebra todas as semanas un taller de memoria para todos os veciños que estean interesados. A quenda para os usuarios da vivenda comunitaria é ás 16:30, e ás 18:00 horas para o resto de veciños. Con este taller búscase tratar e previr o deterioro cognitivo da poboación xeral, pero, especialmente, das persoas maiores, máxime naquelas con enfermidades como o Alzheimer ou a Demencia, a través dunha serie de exercicios que se desenvolven en función do grao de deterioración.
Para inscribirse ou para recibir maior información está dispoñible o teléfono de atención ao cidadán do Concello de Castrelo de Miño (988 493 000), así como directamente nas dependencias municipais (Avenida Alejandro Ferrer, 18).