Ir arriba

Mércores, 27 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Xoves, Mércores, 27 de Novembro do 2024

Castrelo de Miño instala o filtro contra o arsénico da auga.

Castrelo de Miño instala o filtro contra o arsénico na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Nogueiredo.
Castrelo de Miño instala o filtro contra o  arsénico da auga.
Dende que se dispararon os valores de arsénico na rede de abastecemento de auga potable no pasado mes de outubro de 2019, o goberno municipal do Concello de Castrelo de Miño, prohibiu o consumo humano de auga nas aldeas abastecidas pola etapa coto novelle. Ao mesmo tempo, trasladou á Deputación Provincial a necesidade da instalación urxente dun filtro de arsénico en dita ETAP, para reducir os valores do mesmo, e devolver o servizo aos parámetros que marca sanidade.

O alcalde, Esteban Suárez Méndez, adquiriu o compromiso de colaboración en novembro do pasado ano, e dende entonces, puxo a disposición auga embotellada para toda a veciñanza afectada por esta situación, incluso levándoa a domicilio cando entramos na crise sanitaria provocada polo COVID-19.

Os pasos burocráticos tedios, que sempre atrasan as solucións, foron:
- Redacción dun proxecto, memoria de viabilidade.
- Obtención de partida orzamentaria para o 2020.
- Encargo e fabricación, baixo pedido, do filtro.
- Transporte ata Castrelo de Miño.
- Firma do decreto por parte da Deputación no que se cede o uso ao Concello en canto dure a problemática dos parámetros elevados de arsénico, con mantemento a cargo do ente municipal e instalación por conta do ente
provincial a través da empresa concesionaria Aquaourense.

Actualmente estase preparando toda a ETAP para a instalación do filtro, e agárdase que quede instalado na semana do
18 - 22, co cal, o alcalde prevé que os veciños afectados poidan volver a consumir auga da traída en condicións saudábeis a finais do presente mes.
Dende o goberno municipal do concello de Castrelo de Miño agradecen a colaboración do ente provincial, pero son conscientes de que esta medida é "un parche" e que pode haber problemas a curto prazo noutras redes de abastecemento municipal, dado que a problemática do arsénico está presente en todos os mananciais do concello. 
Polo que seguirán traballando no proxecto, xa desenvolto, da creación/ampliación dun macro-bombeo dende o río Miño que poida surtir a todas as redes de abastecemento que hai na actualidade en todo o municipio.
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com