Novas de Castrelo
- Xoves, Martes, 05 de Novembro do 2024
O concello de Castrelo de Miño colabora o vindeiro domingo 17 de maio, día das LETRAS GALEGAS, nun evento cultural en streaming.
Dito evento será emitido en directo no Facebook do concello de Castrelo de Miño ás 19:00 horas.
Estará presentado por Lucía Rodríguez (TVG), haberá intervencións de Francisco Fernández Rei (Membro da Real Academia Galega) que nos falará do homenaxeado neste día das nosas letras: RICARDO CARVALHO CALERO; Tamén intervirá Mariña Area (estudante de filoloxía galega na USC) que recitará poemas sobre o homenaxeado.
E teremos un concerto do grupo Onte e Hoxe, con repertorio de cancións en galego desde os anos 60 e 70 ata a actualidade.