Novas de Castrelo
- Martes, Luns, 25 de Novembro do 2024
Sairon convocadas as probas para a obtención da ESO e máis de Ciclos formativos, tanto de grao medio como de grao superior.
- As solicitudes de inscrición para as probas da ESO deberán presentarse en soporte en papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 da orde citada no bando, ou por calquera dos medios establecidos (artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro) do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado ED540A.
- Para as solicitudes das probas de acceso a ciclos formativos, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario
normalizado de solicitude: anexo II, (código de procedemento ED312D), ou anexo I (código de procedemento ED312C) dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).