Novas de Castrelo
- Mércores, Venres, 27 de Decembro do 2024
Publicada na Plataforma de Contratos de Galicia a 2ª licitación do subministro dun vehículo tipo SUV 4X4 hibrido enchufable de etiqueta cero mediante procedemento aberto simplificado sumario.
Contratación subvencionada integramente ao abeiro da Orde do 19 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao amparo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e convócanse para o ano 2023 (código de procedemento BS631G).