Novas de Castrelo
- Luns, Sábado, 23 de Novembro do 2024
Dentro das obras do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2023-2024, ao amparo do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, incluíronse as obras xa executadas de mellora da capa de rodadura da estrada que conecta os lugares de Meizo e Ramiras de Macendo.
No actual programa 2024-2025 están a executarse xa as obras de mantemento da capa de rodadura do camiño de acceso ao lugar de Parada de Santo Estevo.
A subvención, de carácter bianual, financia a mellora e reforma de vías de servizo de parcelas agrícolas e instalacións agrogandeiras co financiamento de AGADER e cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( Feader).