Ir arriba

Domingo, 24 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Luns, Domingo, 24 de Novembro do 2024

Escola de empoderamento

Aberto prazo de inscripción para a escola de empoderamento Castrelo-A Arnoia. Anotate no teu concello ata o 26 de xuño.

Galería de fotos

Escola de empoderamento
O Concello de Arnoia e Castrelo de Miño acaban de recibir unha axuda para o programa de Promoción da Igualdade e Prevención da violencia de xénero da Secretaria Xeral da Igualdade, que se enmarca dentro das actividades do proxecto “Servizo de promoción da igualdade e asesoramento legal”.
Estas actividades están financiadas con FSE nun 60% dentro do Programa FSE+Galicia 2021 – 2027 no obxectivo político 4.
Escola de empoderamento é o título do programa que se desenvolve conxuntamente en ambos concellos coa finalidade de proporcionar acompañamento ás mulleres que están pasando por situacións de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade.
Entre os seus obxectivos destacamos
Mellorar a autoestima e autonomía das mulleres que participan nas actividades promovidas en ambos Concellos, de forma que poidan enfrontarse con maior seguridade aos estereotipos de xénero e as limitacións que pon a sociedade patriarcal na que vivimos e permitindo que as mulleres participantes sexan quen de percibir todo o que son capaces de acadar por si soas.
Promover que estas mulleres recuperaren o contacto co seu entorno e non teñan mendo de compartir as súas inquedanzas nun lugar seguro e gozar e gañar poder para EMPODERARSE.
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com