Novas de Castrelo
- Venres, Mércores, 04 de Decembro do 2024
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) financia as obras do proxecto senlleiro de Reforma do edificio, do entorno e da accesibilidade da antiga escola e antigo consultorio médico de Macendo para local de dinamización social, cultura e de igualdade
Grazas ao convenio asinado entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Castrelo de Miño, acaban de rematar as obras de reforma da antiga escola e antigo consultorio médico de Macendo para local de dinamización social, cultura e de igualdade para a promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.